Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 22 mayo 2022
01:00
h

'De remate', libro dun santiagués profeta na terra

Na presentación da obra de Héctor Cajaraville tamén falaron Manuel Bragado y Pilar P. Patiño

"Este acto na miña cidade ante amigos e familiares é o máis parecido a unha voda que vou ter e case que vai ser a única presentación oficial aínda que máis adiante si vou estar no Culturgal de Pontevedra en decembro e tamén noutros actos en institutos e obradoiros...", salienta cun sorriso o gañador do Premio Xerais de Novela 2015, Héctor Cajaraville (Santiago, 1975) logo de presentar onte na Libraría Couceiro da capital galega o libro salientado nese certame: De remate.

"Aínda que ten algún tinte autobiográfico, é unha ficción absoluta que conta os últimos anos de vida do protagonista, que fala de como ese xornalista encaixa a enfermidade terminal que padece e de que xeito intenta facer unha vida normal. No libro hai artigos de xornal, emails, anacos do seu diario íntimo, poesías, algunha denuncia... Emprego no libro textos de distinto tipo. É un libro pouco convencional".

Na páxina web de Xerais mostran un traballado booktrailer feito por César Galdo, detalle promocional ben coidado polo autor de De remate, xa que el ten moita fe nas novas tecnoloxías.

Entrevista completa en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

06 nov 2015 / 22:29
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito