Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 20 septiembre 2021
08:08
h

'Remontar o río', o novo poemario de Helena Villar

É un libro artesanalmente singular//A edición consta de 500 exemplares numeradosLa cocinera es madre de los hermanos Roca y propietaria del restaurante Can Roca

O Día do Libro, o 23 de abril, a escritora Helena Villar Janeiro (Becerreá, 1940) presentará en Monforte, acompañada da ilustradora Luz Darriba, da poeta Marica Campo e da concelleira Pilar López, Remontar o río, un poemario neonato, pois a motivación e os primeiros apuntes xorden abordo mentres a autora subía o Danubio desde Budapest a Linz.

O feito de que o ­barco fose contra a corrente ­suscítalle a idea de remontar o propio río do tempo, volver deste o seu outono á ­primavera onde a estarán agardando o vals e a rosa. Nos poemas veranse reflectidos ­elementos da ­paisaxe evocada: os soutos, os ­prados, a chuvia, a area das ribeiras...

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y Orbyt

21 abr 2014 / 20:54
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito