Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Reparten en Silleda alimento para as familias necesitadas

    O Concello de Silleda vén de crear un grupo de voluntariado, coordinado dende o departamento de Benestar Social, para que se encargue de repartir os alimentos de Cruz Vermella entre as familias máis desfavorecidas da vila. "Todos están, como non podía ser doutro xeito, equipados debidamente e adoptando as medidas precisas, realizando ademais un fantástico labor", sinalou o rexedor, Manuel Cuíña.

    Dende o goberno local informan de que estas persoas tamén se encargarán da entrega das tarefas escolares que o Concello silledense está a realizar -con impresións en librarías locais- de xeito gratuito para as persoas que non teñan Internet ou medios para imprimir os traballos.

    POLICÍA LOCAL A Policía Local dispón xa dun segundo vehículo despois de que o Concello optase por alugalo. E é que segundo explicaron fontes municipais contaban cun só coche "feito que ante a situación excepcional que se está a vivir supoñía unha grave deficiencia", recalcaron. "En días pasados o Concello de Silleda contactou xa coa Xunta para solicitarlle axuda, e ante a falta de resposta alugouse un vehículo que se equipou en tempo récord para facilitar os labores dos axentes", apuntaron.

    Respecto ás tarefas de desinfección, dende o goberno local informan de que están a traballar "en distintos frontes". Os próximos días reforzaranse o lavado de todos os colectores de lixo, cunha limpeza máis pormenorizada.

    28 mar 2020 / 21:51
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito