Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O restaurante Lhardy recibe o Lola Torres de gastronomía

A directora de Turismo de Galicia entregoulle o galardón en Santiago a Milagros Novo, propietaria da histórica casa

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, entregou onte o XIV Premio Nacional de Gastronomía Lola Torres, promovido pola Fundación Amigos de Galicia, ao restaurante Lhardy de Madrid. O acto, celebrado no Centro Superior de Hostalería de Galicia, contou tamén coa participación de Miguel Villar, presidente da Fundación Amigos de Galicia, Miguel Ángel Pérez, alcalde do Grove, Milagros Novo, propietaria do restaurante Lhardy, e Rafael Mourelos, membro da familia Torres. A directora de Turismo de Galicia destacou, durante a súa intervención, que a gastronomía se converteu nun recurso fundamental para o destino Galicia xa que, segundo indicou, constitúe a segunda motivación pola que os turistas elixen viaxar á nosa comunidade.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

30 abr 2015 / 20:49
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito