O retrato que Brocos lle fixo a Rosalía en vida volve a Iria
O cadro, pintado nas Torres de Hermida en 1880, foi doado pola Deputación á fundación xunto a outros obxectos
A Casa Museo Rosalía de Castro (A Matanza-Padrón) expón dende onte ao público o único retrato pintado en vida de Rosalía de Castro. Obra do artista compostelán Modesto Brocos y Gómez, foi pintado nas Torres de Hermida (Lestrobe-Dodro), a partir de 1880 e finalizouse despois da morte da autora de Cantares Gallegos. Esta peza, xunto a dúas butacas e un sofá que pertenceron á familia Murguía de Castro e cinco cadros de Ovidio Murguía, fillo de Rosalía, foron doados onte polo presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, á fundación que preside Anxo Angueira. As devantidas pezas, que son cedidas por un período dun ano prorrogable de forma automática, estaban até o de agora expostas no Pazo de Mariñán.
Según indicou Angueira, "estas pezas, especialmente o cadro de Brocos, supoñen un salto cualitativo para a Casa-Museo". Ademais do valor artístico e histórico destas pezas, especialmente o cadro de Brocos, que según Diego Calvo supón "a representación da transición do estilo romántico ao realismo", para a Fundación Rosalía teñen "un alto valor simbólico pois supoñen o regreso de Rosalía á súa casa", indica Angueira Viturro.
Más información en El Correo Gallego (edición papel) y Orbyt