Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Rianxo dalle forma xa ó plan de pisos baleiros aprobando o seu documento regulador

O Concello estudará incorporar ó programa ás vivendas das Casas dos Mestres cando sexan desafectadas e rehabilitadas

O alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, mantivo unha reunión cos técnicos do Instituto Galego de Vivenda e Solo para constituír a comisión de seguimento do programa de vivendas baleiras da Xunta de Galicia, ó que está adherido o Concello.
O rexedor dixo que “existe moito interese por parte do Concello en poñer todas as ferramentas posibles para dotar de vivendas dignas de alugueiro e a prezos taxados”. Na reunión aprobouse o documento-guía que permitirá a incorporación de vivendas con renda taxada e a incorporación de solicitantes ó programa.
O documento permitirá un alugueiro con garantías de cobro ós donos dos pisos a alugar, ademais dun seguro multirrisco do fogar. O texto aprobado esixe tamén unha renda mínima e uns baremos máximos por parte dos solicitantes para acollerse ó programa.
Neste sentido fíxose fincapé especialmente na obrigatoriedade de ter garantidos uns recursos mínimos por parte das persoas que se queiran incorporar para garantir o pago sostido das rendas de alugueiro e que se poden complementar, nalgúns supostos excepcionais, con outro tipo de axudas sociais postas en marcha pola Xunta, como o bono de alugueiro social, compatible co programa.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

01 dic 2016 / 19:47
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito