Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ribeira impartirá cursos de novas tecnoloxías a nenos de 6 a 14 anos

Versarán sobre edición de son e vídeo, manexo básico do ordenador e tratamento de imaxes

    Ribeira. No ánimo de contribuír á alfabetización dixital dos cidadáns do municipio dende as idades máis temperás ao tempo que se favorece a conciliación familiar, a aula Cemit de Ribeira organiza para o mes de agosto dous cursos gratuítos sobre novas tecnoloxías para nenos e nenas de entre 6 e 14 anos.

    Ditas accións formativas foron presentadas pola concelleira de Administración, Innovación Tecnolóxica e Transparencia, Atención e Participación Cidadá, Ana Barreiro, e o novo axente TIC encargado de xestionar a instalación municipal, Manuel Bello.

    As inscricións para ambas actividades poden realizarse xa e ata o vindeiro venres día 2, ben a través da páxina web do Concello ou presencialmente no centro sito en Cubeliños.

    As clases versarán sobre o manexo básico do sistema, o coñecemento do teclado, a edición básica dun texto, o debuxo co ordenador e o tratamento de imaxes (para alumnos e alumnas de 6 a 9 anos, e que se impartirán do 6 ao 16 de agosto en horario de dez a doce da mañá) e manipulación de imaxes e edición de son e de vídeo (para xóvenes de 10 a 14 anos, e que terán lugar do 20 ao 30 de agosto, de 10.00 a 12.00 horas). A concelleira indicou que todos os participantes recibirán diplomas ó acabar os cursillos.

    26 jul 2019 / 21:22
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito