Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ribeira oferta once escolas deportivas no período estival

Tamén ofrecerá tres actividades durante o verán, dúas de surf e un campus de rugbi

    Ribeira. O Concello de Ribeira ofrecerá once escolas deportivas e outras tres actividades durante o período estival. O prazo de inscrición nas mismas comeza o vindeiro 13 de xuño a partir das 10.00 horas e estará aberto ata o día 19 as doce do mediodía.

    Nesta ocasión son once as escolas propostas dentro da iniciativa que promove a Concellería de Deportes, dúas máis que na edición anterior, tras a incorporación de taekwondo e o volei praia e a substitución de aerobic por iniciación ao fitness. Tamén ofertarán baloncesto, boxeo, iniciación á patinaxe, multideporte e psicomotricidade, pádel, tenis, triatlón e xadrez, Todas elas teñen o mesmo custe: 16,80 euros polo curso completo, que se desenvolverá durante os meses de xullo e agosto.

    Ademais, levaranse a cabo tres actividades: un curso de iniciación ao surf e outro ao windsurf e paddel surf, e un campus de rugbi gratuíto para nenos entre os 8 e os 12 anos, que terá lugar no campo de herba natural da Fieiteira.

    Todos os interesados poderán cumprimentar a súa inscrición no formulario habilitado na páxina web do Concello, www.riveira.gal. Tamén se poderá facer de xeito presencial na oficina de deportes situada no complexo deportivo da Fieiteira. As clases está previsto que arranquen o vindeiro 1 de xullo.

    06 jun 2019 / 21:02
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito