Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 01 octubre 2022
19:44
h

Para Ríos, o coñecemento constitúe o 90 % do valor total das empresas

A RAGC e a Axencia Galega de Innovación entregan a Evasa, Reganosa e un equipo multidisciplinar da USC os Premios de Transferencia de Tecnoloxía

Partindo de que “a ciencia e a tecnoloxía son indispensables para soster e aumentar a competitividade das empresas porque constitúen claramente o factor de produción de maior peso”, o presidente da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), Miguel Ángel Ríos, cifrou nun 90 % o peso do capital intanxible sobre o valor total das empresas nos países avanzados.
Unhas afirmacións que realizou na entrega dos II Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia, celebrada onte na sede compostelán da RAGC.
Os galardóns recoñecen as mellores prácticas de transferencia de coñecemento desde os organismos de investigación ao tecido produtivo, e foron para Evasa, Reganosa e un equipo multidisciplinar da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
O certame está promovido pola RAGC, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN).

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

17 nov 2016 / 21:07
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito