Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 06 agosto 2020
03:05
h

A Robótica como oportunidade de futuro para os nenos galegos

O conselleiro de Educación inaugura unha xornada na que alumnos de Primaria amosan os seus proxectos feitos con estas ferramentas nas aulas

As novas tecnoloxías e todas as posibilidades que con elas se abren para a aprendizaxe dos cativos son cuestións que non se deben esquecer. Unha destas novidades tecnolóxicas é o caso da robótica, que desde hai uns cursos se vén introducindo nas aulas dos centros educativos galegos gracias a distintas iniciativas.

Unha delas é a posta en marcha este curso pola Xunta do programa Introdución á Robótica Educativa en Primaria, que onte celebrou unha xornada na compostelana Cidade da Cultura. Nela os docentes e alumnos dos centros seleccionados amosaron os proxectos que están levando a cabo. Por tomar parte nesta iniciativa, reciben un kit conformado por seis robots de uso educativo adecuados ás idades do alumnado; seis kits de construción, que permitirán a realización dun mínimo de cinco proxectos construtivos diferentes e infinitas posibilidades de programación e utilización; así como un manual de uso e guía didáctica. En Secundaria o programa de robótica da Xunta comezou o curso pasado.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

26 oct 2017 / 00:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito