Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 12 abril 2021
02:38
h
Letras Galegas

A romaría do Barbanza alentará as verbas na lingua galega

Ofrenda floral a Valladares en A Estrada // Mostras de Díaz Castro en Ordes e Oroso

    As fermosas verbas da Lingua Galega percorrerán os cantos de Terras con maior énfase no transcurso desta semana e con motivo da celebración do día Letras Galegas, o sábado día 17, adicado nesta ocasión o poeta Xosé Díaz Castro. Unha xornada que tamén será moi especial para Boiro, quen celebrará a IV Romaría das Letras no Barbanza entre a rúa peonil e o Pazo de Goiáns.
    O sábado, arredor das 11.00 horas comezarán os actos na biblioteca e librarías na rúa (en caso de choiva no concello), teatro e recital poético. Ao mesmo tempo no Pazo actuarán grupos tradicionais como a Escola de música municipal de gaitas de Boiro. Haberá xogos tradicionais, mostra de encaixe e lectura de textos da obra de Díaz Castro. As pandeiretas soarán durante a xornada, que rematará ás 22.00 horas tras a actuación da banda de música tradicional Suevia. Así mesmo, estarán abertos os stands dos colectivos colaboradores e a exposición fotográfica sobre Díaz Castro.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    13 may 2014 / 21:33
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito