Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Poeta

Rosalía Morlán: “A poesía é para min ese amigo co que sempre podo contar”

{ Trazo, 1959 } Loitadora incansable, Rosalía Morlán é unha muller que se fixo a si mesma. Hoxe é a supervisora de enfermería do hospital de Conxo, pero para chegar aí tivo que estudar polas noites mentres traballaba como auxiliar de clínica e coidaba da súa familia. Ela mesma declárase sanitaria vocacional aínda que, sen dúbida, a súa gran paixón é a poesía, eido no que triunfa tras a edición de numerosos libros

A súa relación coa poesía comeza na escola con dez anos, ata que punto a marcou realmente ese primeiro poema?

A verdade é que non sei se realmente foi ese poema escolar o que me marcou ou se xa ía saír de min igualmente. Ese foi o meu primeiro poema e podería dicir que a miña historia coa poesía comezou nese momento na escola Divino Maestro de Santa Marta. A profesora elixiu gañador o meu poema e animoume moito a escribir máis, pero a poesía non era un xénero moi traballado nos centros educativos, tanto é así que non volvín atopar un estímulo no resto dos cursos. Pero eu seguín escribindo pola miña conta na casa onde tampouco había moitos medios xa que non tiñamos cartos para mercar libros.

E se non foi polo poema, por que escolleu este xénero?

Non sei explicar o porque pero é algo que naceu en min dun xeito moi intenso dende hai moitos anos. Din que o meu avo paterno tamén facía rimas para as festas da aldea, ao mellor vénme de aí. O que si sei é que na miña vida a poesía é fundamental. Para min é como ese amigo que sempre está aí, que nunca falla e do que, polo tanto, sempre vou botar man para contarlle as miñas penas e tamén as miñas alegrías.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

04 nov 2015 / 08:04
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito