Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
normativa moi esperada

Rueda confía en que a nova Lei do Solo sexa “definitiva”

O Vicepresidente da xunta espera que a norma serva para dinamizar o rural

O vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, confiou en que a nova Lei do Solo, aínda en anteproxecto e que iniciou onte o seu proceso de exposición pública despois de sua aprobación o pasado venres na reunión semanal do Consello da Xunta, “ten que ser a norma definitiva” na materia e non “unha modificación máis”, como as máis de dez que sufriu a anterior lei, de 2002.

O vicepresidente da Xunta realizou estas declaracións durante a inauguración do foro A recuperación da paisaxe galega como motor de desenvolvemento, organizado polo Grupo Correo Gallego. Na súa intervención, Rueda asumiu as competencias da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez -de baixa por maternidade-, explicando a sua presenza porque a paisaxe e todo o que ten que ver co urbanismo do territorio “é unha responsabilidade compartida, un exemplo de política transversal na que teñen que estar implicados tódolos departamentos autonómicos”.

Rueda resaltou o acertado do título elexido para este foro, posto que “a recuperación, a conservación e a posta en valor da paisaxe galega ten que ser un dos motores da recuperación económica”. Así, asegurou que o compromiso da Xunta de Galicia nesta tarefa común se sustenta en feitos como: a aprobación das primeiras directrices de ordeación do territorio e do plan de ordeación do litoral, xunto coa posta en marcha no ano 2011 da estratexia da paisaxe. Neste marco tamen se inclúen as guias de boas prácticas para as distintas intervencións no territorio (nucleos rurais, praias e dunas, entre outras, incluidas na colección paisaxe galega).

O vicepresidente da Xunta afirmou que o Executivo galego está a “facer todo o posible” para poñer “as ferramentas de intervención do territorio”. Nesta actuación Rueda inclúe dun xeito moi principal a nova Ley de Ordenación do Solo, anteproxecto de ley que aprobou o Consello da Xunta na sua reunión do pasado venres, e que durante o seu proceso de exposición pública espera que “sexa enriquecida polas contribucións de todos os que teñan algo que decir neste aspecto”, achegas que serán “estudadas e recollidas na medida do posible, para que o anteproxecto sexa unha norma de consenso”.

Rueda desexa que a nova Lei do Solo ademais de ser o “texto defenitivo da materia”, pretende establecer as determinacións necesarias para que “as construccións e intalacións se adapten a paisaxe, e non o reves”. A respecto disto, o vicepresidente da Xunta que lamentou que en diversas zonas da xeografía galega fose “a paisaxe a que se tivo que adaptar ás construcións e non estas a sua contorna”, explicou que para evitar isto, a futura Lei do Solo contará con instumentos legais para que esto non ocurra, como a penalización das construcións inacabadas, podendo obrigar a unha execución forzosa das obras necesarias.

Un dos obxectivos do anteproxecto é dar unha maior protección á paisaxe e actuar contra o denominado feísmo urbanístico, aplicando medidas “directas, concretas e contundentes” contra este fenómeno, “A nova lei conxuga a necesidade de potenciación do medio rural coa preservación. Dos elementos que provocan a maior deturpación do noso territorio son as construcións inacabadas, construcións mal conservadas, a lei facilita que as construcións cunha antiguedade de 40 anos ou máis se rehabiliten mesmo para usos que hoxe non se poderían implantar, como son as vivendas,” apuntou Rueda.

O vicepresidente da Xunta asegurou que a nova Lei do Solo, ademáis de evitar que “se continúe ocupando o territorio sen unhas regras claras de como ten que facerse, evitará tamén a dispersión poboacional sen o control necesario, dinamizando o mesmo tempo o medio rural” .

No que atinxe a dinamización do rural, Alfonso Rueda pensa que a sua revitalización pasa por “potenciar a rehabilitación de construcións rurais que non estan ocupadas nin son utilizadas”.

Alfonso Rueda concluíu a sua intervención salientando a importancia de saber interactuar coa nosa paisaxe, “un dos maiores tesouros que temos en Galicia”.

13 oct 2014 / 22:44
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito