Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Santiago Cortegoso recibiu na Estrada o Varela Buxán

O premiado por 'Smoke on the water' aludiu á "dramática" situación do teatro // Entrega a Lois García da obra 'A Cerna'

O Museo do Moble e da Madeira (Mome) da Estrada acollía onte á noitiña a entrega do premio de teatro Manuel Varela Buxán, que este ano acadou a súa terceira edición. O galardoado, o dramaturgo moañés, actor, director e músico Santiago Cortegoso Calvar, que foi premiado pola súa obra Smoke on the water, agradeceu a distinción e gabou a traxectoria do premio a pesares da súa corta vida.

Cortegoso dixo ter unha sensación contradictoria ao recibir este galardón. Por unha banda, "sinto unha enorme ledicia, porque se valora o esforzo e o traballo que hai detrás dun texto teatral". Por outra banda, dixo sentir "raiba", porque, nas súas verbas, "o teatro está a atravesar a súa peor época". Así, aludíu a que as pequenas compañías "apenas poden afrontar pequenas producións" de textos coma o do gañador, que, con máis de cinco personaxes, "se convirten en megaproducións imposibles de asumir".

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

04 dic 2013 / 21:57
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito