Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Sara Barreiro debuta con ‘Vic e Bombona’, unha novela infantil

Editada por Galaxia, a autora foi arroupada na presentación por un público moi ilusionado

Non sempre as presentacións das obras literarias veñen empapadas de anécdotas tan íntimas e persoais, e inclusocun chisco naïf, como ocorreu no debut literario da licenciada en Ciencias Políticas Sara Barreiro (Poio, 1981).

A autora, chea da doce sensibilidade que entraña o seu primeiro embarazo, non deixou de agradecer en ningún momento o feito de que onte se presentase na compostelá libraría Couceiro a novela para nenos a partir de 10 anos Vic e Bombona (Galaxia), unha historia na que se conta que "Bombona –que na realidade responde ao nome de Ulla– é a cadela máis lista do mundo. E Vic, un pequeño desastre de neno. Ou non. Porque en realidade está a piques de iniciar unha incrible aventura que, xunto á súa cadeliña, o vai levar a unha viaxe ao pasado e adescubrir os segredos agochados dunha vila enteira".

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

19 oct 2015 / 22:06
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito