Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
{tribuna libre }

Señores, isto non é decente

    EXCELENTÍSIMO SEÑOR REITOR DA USC:
    Podo dar a clase en condicións ben pobres, claro que podo, con ruídos, con moito calor, con distraccións varias, incluso podo dala, como demostrei, coas de conas ceibes en suxetador sentadas en fronte, incluso a daría ainda que representen para min a mais excitante das escenas eróticas, aínda nesas condicións podería ensinar matemáticas, ou incluso colgado polos pes, boca abaixo, tamén así podería dar a miña clase, porque para ben ou para mal, na miña persoa o espazo mental creado ao longo de moitos anos de estudo, de traballo, ese espazo mental dedicado as matemáticas, ten o poder suficiente para manter a miña atención aí por ‘ruidoso’ que sexa o entorno. O feito de que poida non significa que as condicións sexan axeitadas para facelo. Se queremos que os coñecementos flúan como é debido tanto profesor como alumno deben estar cómodos, centrados na materia en cuestión.
    Se vostede considera fundamental que a universidade de Santiago manteña unha imaxe de progresismo pataconero, que debemos ser os máis transixentes coa liberdade de indumentaria do alumnado, que debemos deixar claro ante a sociedade que é mais importante que unha alumna, en pleno mes de febreiro (quizás o factor temperatura non sexa de todo irrelevante), teña dereito a amosar tal porcentaxe de pel que os efectos perniciosos que isto poida ter sobre a atención do profesor, se esa é a súa postura, se esa e a postura desta universidade, eu acatarei o castigo, pero non deixarei de manifestar en todos os foros que consideren a miña voz digna de ser escoitada que me parece tremendamente grave tal decisión, tal toma de partido.
    Non digo eu que as posturas de conas ceibes non merezan o seu espazo nesta sociedade, como calquera voz que defenda calquera xeito de afrontar a vida, claro que o merecen, pero de aí a que sexa a Universidade de Santiago a encargada de lexitimar mediante o mei ‘castigo’ certos idearios hai un abismo.
    Rematarei cunhas reflexións sobre o citado castigo. Son varias as as cuestións a considerar, a primeira, dous meses sen soldo non son unha boa noticia para ninguén, pero ben, teño certa solvencia económica e polo tanto nese senso a pena é levadeira. E que dicir de dous meses de vacacións a maiores! Eses agradézoos como auga de maio. En canto á mancha no meu expediente, pois mire vostede, non son eu dos que pretende camiñar impoluto por esta vida, ata a iso se lle pode ver un puntiño positivo, e mais cando esa mancha é por unha causa tan absolutamente imnoble.
    Así que son todas vantaxes, o castigo non parece tal. ¿A que se deben entón que escriba eu estas poucas liñas? Moi sinxelo. As inxustizas sempre me alteraron, a inxustiza é das poucas cousas polas que aínda merece a pena moverse, e a inxustiza neste caso non é tanto contra a miña persoa, como xa dixen, como contra a universidade mesma, contra a súa independencia do poder político, contra o papel fotalecedor de certos valores que debe ter nesta sociedade.
    Denunciar esta inxustiza, explicitala, dala a coñecer á opinión pública é o único obxectivo destas poucas verbas. Un pode deixarse arrastrar polas inercias, nadar a favor da corrente, e non parece mala política, ao fin somos funcionarios e moito teñen que torcerse as cousas para que a nosa solvencia material se vexa ameazada. Pero hai outra actitude posible ante a vida, que é a que eu pretendo reforzar cas miñas verbas, dar unha trompada na mesa e dicir “señores, non, isto non é decente”.
    El autor es profesor de Economía
    Cuantitativa de la USC

    11 sep 2016 / 20:24
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito