Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 17 abril 2021
02:07
h
terras de santiago

O servizo de pediatría en Terras toca fondo durante as vacacións

En ausencia do profesional médico asignado, algúns nenos son derivados máis de 30 quilómetros // So o 67% dos centros sanitarios de atención primaria dispoñen de pediatra

Galicia sempre foi pobre en pediatras. O número de profesionais desta especialidade ven sendo reducido dende hai anos, o que imposibilitou que o Sergas puidese cumprir o seu Plan de Mellora do 2009, no cal se establecía un cupo máximo por pediatra duns 800 nenos e nenas de entre 0 e 15 anos de idade.

Durante o transcurso do ano, esta cantidade máxima de rapaces a seren atendidos polo mesmo profesional é moi próxima a este dato desexable, xa que a media de Terras é de 850 rapaces por pediatra. Cabe salientar que esta cifra baila entre os máis de 1.300 rapaces que o pediatra do centro de saúde de Rianxo ten no seu cupo e os aínda non 400 do cupo do titular do centro de saúde de Bembibre.

 

Como datos intermedios, destacan algúns dos pediatras dos centros de Noia, Ordes, Padrón, Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira e Santa Comba cuxos cupos superan os 1.000 nenos. No extremo oposto atópanse o pediatra de Bembibre, un dos de Lalín e o do centro de Rois con cupos que non superan os 500 meniños. 

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

25 ago 2013 / 19:11
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito