Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Sesións de portas abertas na sección noiesa da EOI

    Co gallo de facilitar información ás persoas quepoidan estar interesadas en iniciar estudos na sección de Noia da Escola Oficial de Idiomas (EOI), a directiva noiesa organiza varias sesións de portas abertas ao longo do mes que vén. A primeira terá lugar no IES Virxe do Mar, onde se imparten as aulas, o martes día 1 ás 17.00 horas.

    Coma cada setembro dende hai unha década, este departamento da EOI está inmerso no prazo de matriculación namodalidade oficial. Ofrecen cursos de lingua inglesa dende o A1 (principiante) ao C1 (usuarioavanzado), ofertado por primeira vez, e catro certificacións en Francés, dende o A1 ao B2 (usuario intermedio-alto). Nos últimos anos, o número de matriculados na sede da escola en Noia oscila entre os170 e os 240 discentes.

    25 sep 2019 / 21:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito