Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
moda

Sete firmas amosan os seus deseños na pasarela 'Cultura de pel', na Coruña

Un congreso, que se celebra o vindeiro luns, reunirá os empresarios do sector da peletería no Palexco

    Sete das firmas españolas máis importantes no ámbito da peletería desfilarán o vindeiro luns na Coruña na pasarela Cultura de Pel, que se enmarca nun congreso que os empresarios do sector celebran cada ano en Galicia. O obxectivo principal deste foro é o de poñer en relación todas as fases do proceso de creación da moda en pel e fomentar o intercambio de experiencias, opinións e puntos de vista neste ámbito.

    No desfile, que comezará ás 20.30 horas, exporán os seus traballos os deseñadores Charo Carrillo, Tábatas, Araújo, Goes, José Luis Aznárez, Miguel Marinero e Herminia Frouchtman.

    Na inauguración do encontro, que se celebrará en Palexco, organizado pola Asociación Gallega de Criadores de Visón (AGAVI) participarán Nava Castro, directora xeral de Comercio da Xunta; Isidoro Cisneros, presidente de AGAVI; Manuel García, presidente da Organización Empresarial Española de la Peletería (OEEEP); e Charo Carrillo, empresaria e deseñadora en pel.

    26 sep 2009 / 00:26
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito