Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 26 octubre 2020
11:52
h

Seth Benzell analiza o papel que xogan as novas tecnoloxías na economía

O investigador ofreceu onte unha conferencia no Citius da capital galega

Santiago. Seth Benzell, investigador posdoutoral asociado ao prestixioso centro de investigación Massachusets Institute of Technology (MIT), ofreceu onte una conferencia no Citius na que abordou os cambios previstos sobre as forzas de traballo e a sociedade en xeral como consecuencia da automatización da economía e a transformación dixital, así como os seus efectos e os retos asociados á consolidación das novas tecnoloxías, como a intelixencia artificial.

Malia que poucas profesións son polo de agora totalmente automatizables, cando menos un 30 % das actividades desempeñadas actualmente no 60 % dos traballos si o son.

No caso concreto de España, preto da metade das horas laborables poderíanse automatizar, segundo un informe da consultora McKinsey. A tendencia actual apunta a que os seres humanos somos cada vez máis prescindibles, e os seus traballos poderían ser tecnicamente sustituibles por máquinas intelixentes, dotadas da capacidade de aprender por si mesmas. Perante estas cifras, aparentemente pouco halagüeñas, xorden voces que acusan á dixitalización da economía de ser unha eiva para os traballadores, cuxos empregos poderían verse ameazados de non adaptaren os seus coñecementos e habilidades ao novo escenario económico e social; pola contra, outras ven nesta transformación unha oportunidade para crear un novo paradigma, no que intelixencia artificial e automatización contribuirían a crear unha sociedade máis xusta, onde as persoas e as máquinas traballen en equipo acometendo as tarefas que cada grupo poida realizar de forma máis eficiente.

Co obxectivo de alumear e estimular o debate ao redor da intelixencia artificial, o investigador impartiu onte a conferencia Novas tecnoloxías e economía: retos para os traballadores, xestores, investidores e gobernos.

15 dic 2018 / 00:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito