Solidarios anónimos celebra en Teo un mercadillo solidario en favor da pequena Yessi
Todos os sábados de outubro, comezando día 6, a ONG sen ánimo de lucro "Solidarios Anónimos", celebrará no parque de Os Tilos (Teo), coincidindo co mercado agro-alimentario, un mercadillo solidario en favor de Yessi, unha nena que leva 11 anos cunha enfermidade neurodexenerativa sen diagnosticar, e que precisa fondos para seguir a súa preregrinación de neurólogos para dar cun tratamento para a súa enfermidade.
O Concello de Teo apoia esta iniciativa, á que espera acudan as persoas que poidan, xa que a causa é solidaria e cun fin xusto de máis.
Os obxectos que se exporán para a súa venta, serán: libros, xoguetes, películas, videoxogos, consolas, pequenos electrodomésticos, bisutería, louza, e por suposto, os prezos serán populares. Haberá sorpresas e agasallos.
Para quen precise máis información sobre a historia de rapaza, pode entrar na súa páxina web: http://www.elmundoconyesi.es/
As persoas interesadas en aportar artículos ou ter máis información sobre o evento, poden poñerse en contacto con este enderezo electrónico:
info@solidariosanonimos.org
05 oct 2012 / 10:48
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito