Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Son celebra a súa segunda xornada de emprego

Estará centrada na elaboración do currículo e da carta de presentación

    Porto do Son. O día 22 arrancará a segunda xornada de emprego organizada pola concellería de Promoción Económica e Emprego do Concello de Porto do Son. Nesta sesión, o tema a tratar será a elaboración do currículo e da carta de presentación. As actividades terán lugar nas aulas do viveiro de empresas.
    Dunha maneira eminentemente práctica, as persoas participantes nesta sesión aprenderán e porán en práctica todo o necesario para a elaboración dun currículo e dunha carta de presentación. Ademais disto, coñecerán todo o necesario para facer un mellor uso destas ferramentas de busca de emprego.
    Así, nesta sesión abordaranse, entre outros aspectos, a importancia do uso dun currículo e dunha carta de presentación para a busca de emprego.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    03 feb 2017 / 20:08
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito