Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Son inviste máis de 782.000 € do Plan Único en cinco obras

Saíron a licitación o acondicionamento do Outeiro Baixo e a rúa Horta das Romeras

O Concello de Porto do Son vén de publicar na Plataforma de Contratación do Estado o anuncio de licitación de cinco obras do Plan Único (POS+2018 e POS+2019), que suman un investimento de 782.266 euros.

Entre as actuacións destacan as obras de acondicionamento da zona do Outeiro Baixo, un proxecto que se acometerá en dúas fases cun orzamento total de 272.462 euros, dos que 245.628 € serán achegados pola Deputación e, os 26.834 restantes, pola administración municipal.

Con esta intervención dotarase o lugar de nova pavimentación que substituirá ao actual solo de formigón, ademais de solucionar os problemas de accesibilidade existentes na actualidade. A actuación tamén dará solución as deficiencias na rede de saneamento e abastecemento de auga e de recollida de pluviais, delimitarán as zonas de tráfico rodado e peonil e instalarán novo alumeado público. Asemade, prevén humanizar o espazo con pequenas zonas verdes que constrasten co firme de formigón e pedra.

O citado plan financiará tamén unha actuación similar na rúa Horta das Romeras, que suporá un investimento de 239.321 euros, dos que 185.556 serán achegados polo organismo provincial. As obras incluirán a renovación do pavimento e a construción de zonas peoniles seguras, con alturas diferenciadas e pavimento de granito, que contarán con bolardos e iluminación empotrada.

Ademais, destinará 89.105 euros á humanización do entorno do cruceiro dos Milagres, na parroquia sonense de Baroña. O propio cruceiro e varios hórreos moi próximos están catalogados coma Ben de Interese Cultural (BIC), polo que a actuación busca mellorar este núcleo rural actuando sobre a calzada e o mobiliario urbano sen alterar a súa configuración.

Por último, a entidade que preside Valentín González Formoso investirá máis de 180.000 euros para dotar de saneamento a varios núcleos rurais da parroquia de Caamaño.

10 dic 2019 / 21:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito