Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Son organiza co GALP un curso de confección de artes e aparellos de pesca

Terá unha duración de 300 horas e vaise impartir na segunda quincena de marzo

    O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Costa Sostible e o Concello de Porto do Son van poñer en marcha nas próximas datas unha acción formativa centrada na confección e mantemento de artes e aparellos.

    Este curso, gratuíto e de 300 horas de duración, permitirá ás persoas participantes a participación no procedemento de acreditación das competencias adquiridas a través da experiencia laboral para a obtención do correspondente certificado de profesionalidade. Preténdese favorecer a incorporación de novas persoas á ocupación de redeiro/a, mellorando a atención á crecente demanda de traballo de confección de mantemento de artes e aparellos que se está a dar no sector pesqueiro e garantindo o recambio xeracional neste oficio.

    Poderán participar nesta acción formativa as persoas empadroadas nalgún dos concellos da área de influencia do GALP Seo de Fisterra Ría Muros-Noia (Costa Sostible).

    O prazo de presentación de solicitudes está aberto dende onte e ata o venres. Poden presentarse no Servizo de Orientación Laboral do Concello de Porto do Son ou na sede do GAL en Noia (edificio multiusos da rúa Espírito Santo).

    Impartirase en O Son en horario de 16.00 a 21.00 e iniciarase na segunda quincena de marzo.

    02 mar 2020 / 21:08
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito