Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Son remitirá o PXOM á Xunta antes do verán

Unha vez engadidas as correccións, os técnicos ‘pecharán’ o documento en abril e logo aprobarase provisionalmente

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, reuniuse onte co alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, quen lle informou que o Concello remitirá á Xunta antes do verán o proxecto do PXOM para a súa aprobación definitiva.

Encarnación Rivas sinalou que a Xunta de Galicia disporá de tres meses, dende que se reciba toda a documentación, para analizar o proxecto urbanístico e informar do visto bo definitivo.

Durante o encontro, analizaron o estado actual da tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, que está en fase de redacción dende 1999 pero que recibeu un impulso decisivo a partir de 2011, despois da emisión do informe previo á aprobación inicial por parte da Secretaría de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

14 mar 2013 / 20:46
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito