Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O sonense Martín Fernández, gañador do Manuel Murguía

Foi galardoado por un ensaio que versa sobre os soberanos da Galiza Castrexa // O xurado destacou a rigorosidade da obra // O autor forma parte da última xeración de licenciados en Historia da Universidade de Santiago

O traballo Callaici principes. Os soberanos da Galiza castrexa, do que é autor Martín Fernández, (Porto do Son, 1990), resultou gañador da XII edición do Premio de Ensaio Manuel Murguía da Deputación da Coruña. Nel o sonense reivindica a Galiza antiga como suxeito historiográfico de seu.

O xurado estivo composto Miguel Anxo Seixas Seoane, Rebeca Baceiredo Pérez, Iria Veiga Ramos, e os gañadores da edición anterior Raúl Sotelo Vázquez e José Manuel Vázquez Lijó, ademais do deputado de Cultura, Xurxo Couto como presidente e a xefa de sección de Cultura, Manuela Muñiz como secretaria. Segundo destacaron, escolleron a obra de Martín Fernández polo seu rigor e claridade expositiva.

"A investigación amosa unha profunda e rigorosa análise da institución de principes na Callaici da Antigüidade, cun amplo marco comparativo no eido xeográfico europeo. É singularmente meritoria dadas as dificultades da interpretación social do rexistro material de época castrexa", apunta o fallo do premio que sinala tamén que "a tese dunha xefatura indíxena prerromana que persiste en época de Xulio-Claudia, descansa nunha sólida argumentación teórica, grazas á lectura científica do limitado corpus epigráficos, dun rico abano de clásicos latinos e de copiosas e pertinentes referencias bibliográficas".

O xurado resalta ademais que o estudo está moi ben redactado e é moi preciso terminolóxica e conceptualmente. "O autor sintetiza ben os obxectivos da investigación e os resultados acadados nas conclusións. E formula interrogantes cuxas respostas problemente están enterradas nas ducias de xacementos castrexos sen escavar a día de hoxe", afirman arredor da obra.

Martín Fernández recibirá unha dotación económica de 6.500 euros e a publicación da obra por vencer no certame. Este investigador forma parte da última xeración de licenciados en Historia (USC, 2013). O seu ámbito de investigación céntrase na historia sociopolítica, institucional e eclesiástica da antiga provincia romana da Gallaecia, os seus antecedentes pre-históricos e o seu legado tardo-antigo e medieval.

Deste xeito reivindica a Galiza antiga como suxeito historiográfico de seu, digno de estudo específico, tentando asemade de superar os compartimentos cronolóxicos que adoitan encorsetar a investigación académica.

Alén de Callaici principes: os soberanos da Galiza castrexa, gañadora do Manuel Murguía, a esta intención xeral se adscribe a súa tese de licenciatura (USC, 2015): A organización político-administrativa de Galicia na Antigüidade: séculos II a.C.-VIII d.C. Tamén o pasado ano publicou Estado, poder e estruturas políticas na Gallaecia: séculos II a.C.-VIII d.C. (Blukk Edições, 2018).

{ BLANCO O NEGRO }

Sobrevivir al doctorado

charlando con el ganador de la XII edición del premio Manuel Murguía recordé lo largo que se hace el camino, física y mentalmente, y lo que cuesta sobrevivir a la tesis. La importancia de este tipo de premios o de las bolsas predoctorales, que ayudan a compaginar tu investigación y tu vida laboral, metiéndote de lleno en el campo en el que te encuentras trabajando. Son necesarios para en doctorando tanto como el respirar... Esa que tantas veces te falta en las horas de soledad frente al flexo. Porque obtener la más alta titulación universitaria posible cuesta esfuerzo, mucho trabajo y dedicación, pero con ayuda todo se lleva mejor.

O PROTAGONISTA

Martín Fernández Calo

Autor da obra gañadora "FACILÍTAME REMATAR A TESE"

O gañador do XII Premio de Ensaio Manuel Murguía recibiu unha "alegría moi grande" con este recoñecemento, xa que lle "facilita rematar a tese porque a estou realizando sen bolsas de ningún tipo", polo que agora poderá dedicarlle moito tempo e intentará "rematala o vindeiro ano". "Sen este galardón tería que pospoñela, que foi o que estiven facendo", afirmou. Con respecto á investigación que realiza, conta que "pouco a pouco fun publicando resultados preliminares en revistas especializadas". Un estudo que se centra no poder local galaico, "un tema que está pouco estudado e penso que ten gran interés", dixo Martín Fernández.

08 oct 2019 / 21:31
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito