Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 27 noviembre 2020
13:08
h

O Teatro Principal de Santiago acolleu a entrega dos GZ Crea 08

Onte á noite pechouse en Santiago a última edición do GZ Crea, o certame galego de creadores novos, coa celebración da entrega de premios. A gala, á que asistiron unhas duascentas persoas, contou coa presenza, entre outros, do director xeral de Xuventude e Solidariedade, Rubén Cela e a secretaria xeral de Benestar, María Xesús Lago.

A gala de entrega dos GZ Crea comezou coa proxección do primeiro premio da categoría de videocreación, Metamorfosis II, de Sheila Pazos Silva.

Logo, tivo lugar a representación da obra de teatro gañadora nesta categoría, Presas, obra de Spasmo, do IES Santa Irene de Vigo. Finalmente, actuou o grupo gañador na categoría de música do GZ Crea 08, Projecto Trepia, de Pontevedra

No transcurso da gala, entregaranse os premios aos gañadores de seis categorías, xa que as outras modalidades xa recibiron os galardóns en diferentes eventos. Na categoría de relato, o primeiro premio foi para Iria Ameixeiras Cundíns, de Zas, pola obra A confraría das palabras.

A categoría de poesía galardonou a Lara Dopazo Ruibal, de Marín, pola poesía Dende Illa Peixe co primeiro premio. En cartelismo, o premiado foi José Domínguez, da Coruña, pola obra Vén sentir o teatro.

 

17 dic 2008 / 00:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito