Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Televisión de Galicia estreará en xaneiro a súa comedia ‘Caseiros’

Humor, enredos e diversión na nova produción da canle autonómica//Dous dos protagonistas Pepo Suevos e Isabel Risco, hoxe na ‘Revista Fin de Semana’

Trátase da nova aposta audiovisual de Televisión de Galicia, a serie Caseiros, unha divertida comedia de situación que conta a convivencia forzosa entre personalidades variopintas con soños e aspiracións moitas veces irreconciliables e sempre disparatadas. Roi e Lola, dous irmáns, acaban de mudarse a un apartamento en alugueiro, propiedade de Eladio e Viruca, os disparatados caseiros que ademais teñen un fillo, Lalo, capaz de facer voar o edificio ó menor descoido. Roi e Lola terán que lidar tamén coa veciña Dorinda, una vella inquilina de renda antiga, demasiado afeccionada ó viño en cartón. Na serie Caseiros nada é o que parece nin o que parece se parece en nada a realidade.

Creada por Rosa Castro, guionista tamén, dirixida por Chema Gagino e con produción executiva de José María Besteiro, Caseiros, que se empezará a emitir o vindeiro 11 de xaneiro, conta con seis personaxes principais e unha galiña.

Eladio, interpretado polo actor e coñecido monologuista Pepo Suevos, é, sinalan, "un animal sen paliativos. É o típico caseiro demodé, que se considera Onassis. Bueno… en realidade o seu ídolo nunca sería Onassis senón o Pocero.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

28 dic 2013 / 21:49
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito