Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 27 noviembre 2021
22:41
h
Diego Conde Gómez, doutor orosán que ingresa na Real Academia de Ciencias Veterinarias

“Temos capacidade para producir pastos moito máis alta, e dan un leite de calidade”

Un home ‘da casa’ vai entrar hoxe, ás 18.00 horas, na Real Academia de Ciencias Veterinarias de España. Aínda que Diego Conde Gómez naceu en Ourense fai xa máis de catro décadas, considérase orosán, concello no que reside dende hai once anos. Ata alí chegou, ao pouco de casar, coa súa dona, e hoxe teñen xa dous fillos. Padrazo coma poucos, e estudante dos de expediente para enmarcar, rexeitou quedar na docencia polo traballo de campo. “Afeccións? en realidade o tema da Historia é o que máis tempo me consume” aporta, xusto co mesmo xesto, de entre eficiencia e concentración, que adoita amosar cando fala do que lle gusta. Verán.

Por que elixiu facer a súa tese de doutoramento sobre o veterinario Rof Codina?
Estaba interno en Cirurxía no hospital Rof Codina e, buscando información, chegou á miña man un documento de comezos do século pasado, precisamente de Rof Codina. Nese intre descubrín que este home era un adiantado á súa época, e propúsenlle ao director da miña tese a idea de facer unha biografía. Había pouco publicado, e o que había era obra de Lorenzo Fernández Prieto. Pregunteille, e estivo encantado, polo que codirixiu con Manuel Cifuentes o meu traballo. Tamén formo parte do grupo Histagra, onde son membro activo de investigación. E alí seguimos a investigar como un grupo interdisciplinar.

En que materia concreta figura vostede dentro deste grupo interdisciplinar que cita?
Eu estou encadrado no desenvolvemento lácteo en Galicia, e o meu discurso na Real Academia de Ciencias Veterinarias de España irá hoxe sobre iso, dos aspectos históricos da mellora do leite.

Si. E ten un título cando menos arriscado. Comeza así Cuestiones sobre la mala leche...
A idea era facer, nunha institución con certa solera, un punto máis de crítica ao que era esa parte da historiografía sen investigar e, ao mesmo tempo, chamar a atención sobre a profesión veterinaria, porque pasan desapercibidos todos os controis que inclúe e aporta esta profesión. O discurso céntroo en que, ata non hai moito, había moito fraude no leite, e esta profesión é a que impulsa este proceso de mellora nas explotacións. O gando, muxido, envasado, refrixeración... todo o proceso foi labor de moitos veterinarios, porque o leite pode ser vector doutras enfermidades que poden traer problemas.

Cal é o xeito para entrar nunha Real Academia tan antiga e prestixiosa como esa?
A proposta saíu de tres académicos, Vives Vallés, Etxaniz e Cinta Mañé, a finais do 2016, sendo a votación en decembro. Todos os académicos numerarios deciden, en base a o meu currículo e ás publicacións, sobre a entrada, e logo tes un ano para preparar o discurso: Cuestiones sobre la mala leche. Aportación de la profesión veterinaria a la mejora higiénicosanitaria de la leche en la España contemporánea (1837-1931).

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

21 ene 2018 / 20:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito