Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

“Temos que facer visible a importancia e o efecto do deseño”

A galega Uqui Permuy ocupa a secretaría da Red Española de Asociaciones de Diseño, READ

Na recoñecida traxectoria como deseñadora de Uqui Permuy, socia fundadora da Asociación Galega de Deseñadores (DAG), sobrancea o seu interese por pensar o espazo público e por achegar solucións que, desde esta disciplina, melloren e optimicen as súas dinámicas espaciais e de relación. Esa preocupación polo público traspásase tamén á vontade de implicar as institucións e alentar políticas que impulsen un eido do pensamento, o deseño, comunmente minusvalorado. "Existe a percepción de que é algo que pode facer calquera, ou que se reduce á elaboración dun cartel ou dunha identidade corporativa. O deseño resolve problemas que non se resolverían sen coñecemento ou sen creatividade. Temos que facer visible a súa importancia porque moitas veces os seus efectos beneficiosos non son tanxibles", sinala a deseñadora. Permuy ocupa, desde hai seis meses, en representación de DAG, a secretaría da READ (Red Española de Asociaciones de Diseño), que celebrou en Málaga, o pasado día 13, o seu III Encontro Nacional.

"Represento á DAG na executiva rotatoria de READ", sinala Permuy, que recoñece o esforzo inclusivo desta rede e o traballo conxunto para tecer vías de traballo e gañar "en visibilidade e comunicación".

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

02 jul 2015 / 20:35
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito