Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O temporal no Pindo deixa un cetáceo varado e parte do paseo marítimo destrozado

O animal parece un zifio ou delfín picudo, duns catro metros de lonxitude e arredor dunha tonelada de peso

As embestidas do mar e o vento provocaron bastantes desperfectos na costa de Galicia. Na localidade do Pindo, do concello coruñés de Carnota, apareceu un cetáceo varado enriba dunhas pedras da praia de San Pedro. En aparencia trátase dunha variedade de zifio, tamén chamado delfín picudo, polas dimensións, as marcas do corpo, a disposición das aletas e, en especial, polo buzo en punta, con dentes, e a boca en forma de ese.

Por outra parte, os golpes do mar destrozaron parte do paseo marítimo que, con poucos anos de uso, xa rompeu en varias ocasións en varios tramos feitos de madeira, e xa foi reparado polos propios veciños. Os residentes na localidade costeira xa advertiran que a infraestrutura non ía aguantar, e así foi. A planificación dos arquitectos foi equivocada, e o resultado lamentable.

Na actualidade, a pasarela que conduce á praia desde o lugar está desfeita na súa parte final, e a que vai en paralelo á estrada está deformada, desenclavada e inclinada de xeito poerigoso nalgúns treitos. Tamén faltan -desapareceron cos golpes do mar- os contrafortes que aseguran os pés de de dous tramos que enlazan coa parte de pedra.

Os veciños quéxanse da fraxilidade da infraestrutura e de que non hai administración que se responsabilice de reparar os desperfectos.

03 ene 2014 / 19:10
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito