Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 11 agosto 2020
09:03
h

Terio Carrera dará o pregón na Festa do Galo Piñeiro

    O Pino. A Festa do Galo Piñeiro do Pino celebra este ano a súa vixésima edición e contará "con varias novidades", segundo explicou o alcalde, Manuel Taboada. A dos galos e galiñas vivas terá lugar este ano dous días; o sábado 3 e o domingo 4 de agosto. Coa organización desta feira "está moi implicada a Asociación de Galos e Galiñas de Raza Piñeira (Agalpi), un colectivo de criadores que, xunto co Concello, quere conseguir a declaración de raza autóctona para esta especie", indicou o rexedor.

    Non haberá premios en metálico polos mellores galos e galiñas piñeiras; os donos dos exemplares máis destacados recibirán un diploma acreditativo e un agasallo. Só recibirán cartos os propietarios dos mellores galos de curral. O pregoeiro será o xornalista Terio Carrera, moi vinculado ó deporte local.

    25 jul 2019 / 00:00
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito