Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Terras incumpre as recomendacións da OMS en canto a servicios ao maior

Só sete dos 52 concellos ofertan un mínimo de cinco prazas por cada cen cidadáns con máis de 64 anos // As de iniciativas públicas supoñen pouco máis do 50% das totais

En Galicia o envellecemento poblacional está aumentando de xeito considerable nas últimas décadas. Mentres tanto, e aínda que os sevizos de atención ao maior tamén medran, en Terras estes non conseguen abarcar a toda a poboación de 65 ou máis anos de xeito adecuado.

Segundo datos do IGE, nos últimos dez anos a poboación total galega incrementouse en 44.128 habitantes, pero os maiores de 64 anos aumentaron en 56.222 persoas. Isto xustifícase co descenso poboacional que sufríu o grupo comprendido entre os 14 e os 64 anos. deste xeito, case o 22,86% da poboación galega ten 65 ou máis anos. No conxunto dos concellos de Terras, este dato ascende ata o 25,30%.

Un colectivo tan numeroso precisa de servizos específicos que impulsen un envelecemento activo e que faciliten a conciliación familiar. É por iso que a Organización Mundial de la Salud (OMS) presta especial atención aos servizos sociais e asitenciais e fai unha recomendación importante neste campo. Segundo a OMS, tódalas nacións deberían ofertar un mínimo de cinco prazas de atención ao maior por cada 100 habitantes con 65 ou máis anos. Nembargantes, para cumprir esta recomendación, Terras debería crear máis de 2.500 novas prazas.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

17 nov 2013 / 17:24
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito