Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Transparencia, goberno aberto e participación cidadá, temas da "V Xornada sobre as deputacións do futuro"

O evento, organizado pola Deputación de Ourense e a Fundación Democracia e Goberno local, terá lugar o 20 de maio

    O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentou hoxe o programa deste encontro, que ten como obxectivo debater sobre os retos dos gobernos provinciais desde o punto de vista das súas competencias, financiamento e redimensionamento, así como dos servizos que ofrecen á cidadanía e aos concellos.

    O evento, organizado pola Deputación de Ourense e a Fundación Democracia e Goberno local, terá lugar o 20 de maio e será clausurado polo secretario de Estado de Administracións Públicas, Antonio Beteta.


    O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentou hoxe o programa da "V Xornada sobre as deputacións do futuro", un evento organizado pola institución provincial e a Fundación Democracia e Goberno Local que ten como obxectivo debater sobre os retos dos gobernos provinciais desde o punto de vista das súas competencias, financiamento e redimensionamento, así como dos servizos que ofrecen á cidadanía e aos concellos. En concreto, nesta edición abordaranse temas referidos á transparencia, goberno aberto e participación cidadá, con relatores como os catedráticos de Dereito Constitucional Roberto Blanco Valdés e Juan José Solozábal Echevarría; o catedrático de Dereito Administrativo, Jaime Rodríguez-Arana, e o abogado do Defensor del Pueblo na Comunidade de Valencia, Miguel Ángel Blanes.

    A xornada, que se celebrará o vindeiro 20 de maio no Centro Cultural "Marcos Valcárcel, será inaugurada por Manuel Baltar e polo xerente da Fundación Democracia e Goberno Local, José Luis Moreno Torres, e clausurada polo secretario de Estado de Administracións Públicas, Antonio Beteta, quen ofrecerá un relatorio sobre "As deputacións do futuro".

    Baltar destacou "a plena actualidade" desta xornada "pois pretendemos debater sobre a funcionalidade dos gobernos provinciais, unha iniciativa que a Deputación de Ourense puxo en marcha hai catro anos para ofrecer un espazo que permita confluír e contrastar ideas para analizar o funcionamento e o futuro das administracións provinciais". O presidente provincial remarcou que nestes catro anos "a Deputación de Ourense colocouse á vangarda dos 45 gobernos provinciais de España en materia de transparencia, xestión económica, innovación política o mesmo posicionamento da identidade tanto no ámbito nacional como internacional".

    A xornada servirá para lembrar o papel da provincia como promotora do actual estado autonómico e para pór en valor a representatividade da circunscrición provincial, "porque existe seu goberno, que son as deputacións, e existen uns intereses provinciais que hai que defender", explica Manuel Baltar, quen engade que o encontro terá tamén "a finalidade de avaliar o proceso de redimensionamento das institucións, trala aprobación da Lei de Racionalización e Sostibilidade das Administracións Públicas, e o seguinte reto que temos por diante é abordar un novo sistema de financiamento local e autonómico".

    Manuel Baltar defende que as deputacións "son as administracións máis saneadas e as institucións que están a facer un papel vital no sostemento dos servizos públicos no que respecta á asistencia técnica, económica e xurídica que prestan aos concellos", e subliña que esta xornada "enmárcase no ámbito formativo para cargos públicos, sendo a Deputación de Ourense a única de España que conta nos seus orzamentos cun apartado específico para a formación de cargos públicos, porque entendemos que canto mellor formados estean mellor xestión realizarán e mellores servizos e con máis nivel de calidade ofrecerán aos cidadáns".

    13 may 2016 / 18:25
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito