Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 04 julio 2022
14:29
h
ames

Trigo presenta 'Viaxes do corazón', "un diario íntimo" de fino humor

Galaxia edita a obra do escritor e profesor en Bertamiráns ·· "Rememorante e edípico", enxalza a figura da nai do autor, que revisa o seu pasado a través do presente

O tópico volveu realidade estricto senso e a biblioteca de Bertamiráns quedou pequena para acoller o acto de presentación do último libro de Xose Manuel G. Trigo, que tivo que ser trasladado ao salón de actos da casa de cultura da capital amiense.

Alí dábase finalmente a coñecer na noite de onte Viaxes do corazón, un diario ínfimo e íntimo do escritor e profesor en Bertamiráns, que repasa o seu pasado a través das imaxes que evocan na sua mente as figuras do presente. "Rememorante e edípico", o libro ensalza a figura materna e o "sentimento de protección afectiva" que simboliza a nai do autor. A obra, que publica Editorial Galaxia na súa colección Illa Nova, é un escrito con fino sentido do humor, característico xa na obra anterior de Trigo. Abrangue o ano 2007 e péchase cun epílogo no que o escritor, comentando a razón da publicación dun texto tan achegado no tempo, argumenta que "a realidade aludida ten unha respiración máis próxima", que tamén se visualiza xeograficamente con alusións ás distintas terras do escritor: O Morrazo, Ames e Compostela.

Na presentación arrouparon a Trigo, Víctor Freixanes, Xosé María Álvarez Cáccamo e Xosé Manuel Beiras, entre outros.

27 feb 2009 / 04:03
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito