Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Un colectivo veterinario reclama a abolición da Festa do Boi en Allariz

Aseguran que hai un "sufrimento emocional" do animal, desde que se realiza o seu transporte ata que se lle coloca a soga

Un colectivo de veterinarios, Avatma, que está en contra dos malos tratos animais e da tauromaquia, reclamou hoxe a eliminación da Festa do Boi que organiza o concello de Allariz polo "sufrimento emocional" do animal, desde que se realiza o seu transporte ata que se lle coloca a soga, segundo recolle a plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas.

Aínda que neste caso os animais non morren, equipasen esta festa á de San Fermín ao considerala como unha "versión autonómica" da que celebra Pamplona.

Nun comunicado, a plataforma deu a coñecer un informe elaborado por este colectivo integrado por uns 400 veterinarios de todo o Estado, no que piden reorientar as actividades festivas e que non se empreguen animais.

Neste senso, propoñen que o municipio ourensán en colaboración coa Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia elabore unha programación similar a outras ofertas culturais de localidades da Comunidade.

18 abr 2016 / 12:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito