Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
elos de lectura

Un feixe de versos vexetais

‘Verdedades’, de Yolanda Castaño, un atractivo poemario para acender no lector infantil o amor pola poesía e a natureza

Yolanda Castaño (Compostela, 1977) recunca na poesía infantil con Verdedades, despois das divertidas aventuras e desventuras de Punver, o despistado vermiño punki. Esta nova e feliz achega da autora á literatura para a infancia ofrécenos –a diferencia das súas obras anteriores- unha organización de poemario, sen fío narrativo conductor.

Composto de cincuenta e tres cuartetas octosilábicas de rima frecuentemente asonante, recupera un modelo estrófico popular que lembra ás coplas e adiviñas do acervo oral e que resulta próximo e atractivo para o lector infantil que se inicia no xénero poético. Adopta así unha estrutura fragmentaria, de xeito que as pequenas estrofas van formando un catálogo de elementos da natureza tratados en relación aos usos e costumes tradicionalmente asociados a eles.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

04 mar 2013 / 19:18
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito