Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
{ agora xa foi }

Un ilustrado

    Eu nonnonnon seiseisei a repercusión que despois dos fastos do Día das Letras a el adicado, e que por un tempo recobrou o seu nome, anda a ter Valentín Paz-Andrade. Moito me temo que pasado o día, pasada a romería e Don Valentín voltou a ese inexistente, o de Bonaval non é senón un comezo de canto, Panteón de Galegos Ilustres. Cousa que ten moito de arbitraria, porque estamos diante dun home enteiro que explica coa súa obra xornalística de antes da guerra a existencia dun galeguismo posible desde parámetros tan burgueses, digamos, como os de Convergencia i Unió ou o PNV de hoxe.

    Vencellando esa actividade coa de home de empresa que sería a súa proxección profesional despois da desfeita bélica; para moitos, por suposto para quen termaban da bandeira branca coa banda azul. Daquela, na posguerra, e logo de ter botado un tempo trasterrado, Paz-Andrade pasa dirixir Industrias Pesqueras, en 1942, o que lle servirá non só para probarse como home de empresa moderno nun país polo que a revolución industrial prácticamente non pasara, senón para integrar o seu esforzo en organizacións internacionais, así a FAO.

    Iso, máis a súa pertenza ao galeguismo, leva a Paz-Andrade, xa en 1950 (en Arxentina chega visitar a Perón) ao continente americano, periplos que repetirá co tempo. E dos que dá mostra o libro que teño diante miña, Diarios de viaje (Los itinerarios inéditos de América, 1952-1955), editado por Alvarellos. Todo un achádego este volume, en edición de Emilia García López, que nos describe un home “ilustrado”. E emprego o adxectivo que define, por exemplo, aquel Jovellanos, quen preso no castelo de Bellver estudou a fondo actuacióno edificio que o mantiña cativo. Paz-Andrade non era -claro- un prisioneiro nas súas travesías, pero si un profesional moi ocupado, que atopaba tempo para facer crónica literaria delas. Deixando información polo miúdo dos lugares que tripaba, con especial entonación na paisaxe humana.

    Ler a Don Valentín, dono dunha pluma incisiva e lírica é unha delicia. E ao facelo un non deixa de pensar en canto nos estamos perdendo sen xente semellante á daquela xeración galega anterior á guerra. Na que estaba Paz-Andrade, por exemplo. Felizmente reatopado neste libro por Henrique Alvarellos.

    22 jun 2013 / 17:27
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito