Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Un libro, escrito e ilustrado por estudantes, lembra a figura de Carlos Casares

Editado por Bolanda, titúlase ‘As estrelas máis estrelas de todas as estrelas’

    Santiago. O alumnado do IES Carlos Casares de Vigo fixo un libro en memoria do autor ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. Escrito e ilustrado por eles e editado por Bolanda, está inspirado na propia obra do autor quen, “coma unha galaxia, ­ofrécenos pistas moi ­significativas sobre a orixe e evolución do noso propio universo galego”, sinalan os autores.
    Así naceu As estrelas máis estrelas de todas as estrelas, título de clara referencia a unha das obras máis coñecidas do autor, no que profesores e alumnos do instituto vigués agrupan “as estrelas de Casares en constelacións, coa finalidade de lembralas para sempre no ceo nocturno”, ao tempo que fan refeferencia á editorial que dirixiu o autor “desde 1986 ata o seu pasamento”.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    03 abr 2017 / 20:38
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito