Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
de todo un pouco

Un museo do mel

    COÑECÍN a Isidro Pardo hai 23 anos nunha feira de produtos da comarca do Deza. Eu viña de publicar na revista infantil Zunzún, da Habana, un artigo moi detallado sobre as abellas. Amistamos. Contoume que era técnico de mantemento da hidroeléctrica de Portodemouros (Arzúa), e un día apareceu alí un enxame itinerante. Tornouse dende entón un apaixonado apicultor. Vive preto do encoro e alí creou o Museo Vivente do Mel. Relacionouse con colegas de toda Galicia. Viaxou a centros españois e de países europeos como Hungría, Eslovenia, etc. e estableceu intercambios. Creou unha pequena industria que produce: panais de mel, pole, mel con canela, con noces, con xalea real, propóleo, cosméticos, velas... A organización denomínase O enredo do abelleiro. Montou un laboratorio melífero. Ten enxames en cortizos, outros en colmeas de cristal (para ver traballar as abellas), ofrece cursos e talleres, recibe moitas visitas, sobre todo de escolares. No día a día atenden o centro as súas fillas Amparo e Luz.

    O museo conta, ademais, cunha sala de actos, outra fotográfica, e un xardín botánico. É o único museo deste tipo en Galicia; na Arzúa existe un Centro de Divulgación do Queixo e do Mel, Apipolis en Xeve (Pontevedra) e A casa das Abellas en Bergondo.

    Escritor

    23 nov 2015 / 21:12
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito