Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Un pradairo e unha placa na memoria de Fernández del Riego

A UVigo e a Fundación Penzol réndenlle homenaxe á figura do intelectual galeguista

Cheo de vida e coas súas follas a piques de agromar o pradairo que se plantou nos xardíns do Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á Investigación, CACTI, ao pouco tempo de falecer Francisco Fernández del Riego conta dende onte luns cunha placa identificativa coa que recoñecer e manter para sempre viva no campus a memoria de quen foi 1º Doutor Honoris Causa da Universidade de Vigo. "Unha portentosa personalidade, modélica nas súas actitudes, sempre coherente cos seus principios, expresión rigorosa dunha inmensa talla ética, que dedicou toda a súa vida a Galicia e singularmente á cidade de Vigo", subliñou intres antes do descubrimento da placa, o presidente da Fundación Penzol, Alfonso Zulueta de Haz, que gabou a idea da asociación de estudantes Trabalingua de homenaxear ao intelectual cunha árbore "recollendo deste xeito o seu espírito galeguista de comunicación coa terra, símbolo do país".

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

 

04 mar 2013 / 19:32
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito