Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Un roteiro percorre as rúas de Ourense coa obra de Casares

Román Rodríguez subliñou o “espíritu de diálogo” e a defensa do galeguismo do autor // A iniciativa está sinalizada con vinte placas de cerámica nas rúas

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou onte na presentación oficial deste percorrido polos principais lugares nos que viviu o escritor Carlos Casares, a quen se adicará este ano o Día das Letras Galegas.
Na súa intervención, o conselleiro destacou que este roteiro sobre o escritor, que aparece sinalizado con vinte placas de cerámica con fragmentos da súa obra, ofrece a oportunidade de trasladarnos ao Ourense da infancia e xuventude do polifacético autor, ás rúas onde se forxou como persoa e como escritor. Foi precisamente nesta cidade onde Carlos Casares se iniciou na fascinación pola lectura e polo xornalismo, e onde comezou os seus primeiros contactos destacadas figuras do galeguismo histórico, entre eles coa figura de Vicente Risco, Otero Pedrayo, Cuevillas, Blanco Amor e Xosé Suárez.
Das vinte placas, 18 distribuense no núcleo urbaano da cidade en puntos como o parque de San Lázaro, a igrexa de san Francisco, a catedral, a alameda ou a praza do Trigo, así como outras dúas que se sitúan en Castro de beiro e o seminario.
Román Rodríguez, qie participou neste percorrido inaugural que arranca no Liceo, “o lugar tonde todos os días viña a traballar a prol da nosa cidade e da cultura” para seguir polo parque de San Lázaro, enfronte ao hotel Parque, onde o autor coñeceu a Risco, e pasa por outros puntos do casco histórico, pola praza Maior, e polo Seminario (onde Casares estudou), entre outros.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

18 feb 2017 / 20:26
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito