Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Un seminario percorrerá os espazos da guerrilla antifranquista en Terras

O foro da Memoria , que organizan os IES de Melide e Rianxo, chegará a 6 concellos

    Santiago. O IV Seminario sobre a Memoria, que se celebra baixo o título Da loita pola terra á loita pola democracia, do agrarismo á guerrilla antifranquista, percorrera os espazos nos que tivo actividade a guerrilla antifranquista nos arredores de Santiago. En concreto, achegarase aos concellos de Melide, Rianxo, Boqueixón, Silleda, Ordes e Frades, os próximos 24, 25 e 26 de maio. Francisco Martínez Quico, un dos últimos guerrilleiros, será o gran invitado.

    Organizado polos departamentos de Ciencias Sociais dos IES Félix Muriel de Rianxo e Melide, e polo Movemento de Renovación Pedagóxica Nova Escola Galega coa colaboración do Instituto Galego de Historia, o seminario abordará a intensa actividade guerrilleira que houbo arredor do Santiago, no Deza e na comarca de Ordes, con figuras tan emblemáticas da loita antifranquista como Manuel Ponte, O Brasileiro, ou o mítico Foucellas.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    10 may 2013 / 20:08
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito