Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Un total de 53 mozos e mozas galegos foron premiados no 'Xuventude Crea 2012'

En total, participaron nesta iniciativa máis de 300 creadores nun total de 10 especialidades diferentes: teatro, artes plásticas, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, e deseño de xoias.

Un total de 53 mozos e mozas galegos foron premiados no marco do certame de creatividade "Xuventude Crea 2012", organizado pola Consellería de Traballo e Benestar a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. En total, participaron nesta iniciativa máis de 300 creadores nun total de 10 especialidades diferentes: teatro, artes plásticas, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, e deseño de xoias.

A conselleira de Traballo e Benestar en funcións, Beatriz Mato, e o conselleiro en funcións de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, participaron hoxe en Santiago de Compostela no acto de entrega de premios aos galardoados. A iniciativa estaba dirixida a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos.

En total, os 300 participantes presentaron 245 traballos, o que supón un éxito comparado coa edición anterior na que se presentaron un total de 185 traballos.

Os gañadores de cada unha das especialidades de Xuventude Crea contarán cos seguintes premios en metálico: 3.000 euros para os premiados en primeiro lugar; 1.500 para os segundos; e 1.000 para os terceiros.

Ademais, os premiados en teatro e música terán a oportunidade de representar as súas creacións nunha serie de actuacións por diferentes concellos galegos. O gañador participará en dúas actuacións e o segundo e terceiro clasificado nunha. Pola súa banda, os tres primeiros clasificados en artes plásticas poderán participar en exposicións colectivas no Circuíto da creatividade.

Cabe lembrar que os finalistas das distintas especialidades tamén puideron expoñer publicamente as súas obras e actuar ao longo do mes pasado e antes de que se deran a coñecer os gañadores de cada unha das modalidades.

Aposta pola creatividade

Os obxectivos fundamentais desta iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar é que os mozos e mozas poidan manifestar a súa inquedanza artística e cultural a través do certame e ao mesmo tempo fomentar a creatividade xuvenil, como mostra do talento que amosa a mocidade galega.

Neste sentido, Mato destacou que o motivo fundamental desta convocatoria "é a convicción de que o noso principal patrimonio de futuro, os nosos mozos e mozas, teñen folgos, teñen ideas e teñen iniciativa para tomar as rendas". Por iso, este proxecto pretende crear un espazo para que os mozos e mozas poidan "exercitar as súas habilidades, ensaiar solucións innovadoras, valorar o exame crítico das obras e outorgarlles visibilidade".

A conselleira sinalou que corresponde aos poderes públicos favorecer e impulsar a creatividade e o espírito emprendedor da mocidade. De feito, a Estratexia Xuventude 2013 dedica ao fomento da creatividade e do espírito empresarial un dos eixos principais de acción, propoñendo 20 medidas concretas para as propias iniciativas dos mozos e mozas galegos.

Premiados

A lista de premiados desta convocatoria é a seguinte:

Premiados Artes plásticas
1º premio (compartido):
- Andrea Valado Díaz, coa obra "Serie reminding…" (Fotografía)
- Tania Pérez Arribas, coa obra "Dómino Vs. Dómina" (Escultura)
2º premio (compartido):
- Aída Rodríguez Donoso, coa obra "Sete ollos ven máis ca dous" (Pintura)
- Jacobo Lorenzo Nespereira, coa obra "Ferido" (Pintura)
3º premio (compartido):
- Joan Morera Arbones, coa obra "Visións da paisaxe III" (Pintura)
- Lis María García Calvo, coa obra "Aurora" (Fotografía)

Premiados Banda deseñada
1º premio: Deserto por unanimidade do xurado
2º premio: Miguel Cuba Taboada, coa obra "Ráfaga"
3º premio: Laura Velasco Vázquez, coa obra "A cita"
Mencións de honra:
- Alba Mª. González López, coa obra "En busca da arte perdida"
- Miguel Golmayo Labrador, coa obra "O legado do lume"

Premiados Carteis
1º premio: Carlota Mª. Brea Fernández, coa obra "Compártete"
2º premio: Alba Díaz López, coa obra "Ó alcance da túa man"
3º premio (compartido):
- Valeria Rubal Rubal, coa obra "Este ano non"
- Sara Roca del Pozo, coa obra "Paso de todo"

Premiados Deseño de xoias
1º premio: Paula García Carballal, coa obra "Había una vez un circo"
2º premio: Iraya Morales Malla, coa obra "El capricho del mar"
3º premio (compartido):
- Raquel Sánchez Ballesteros, coa obra "Tápame"
- Sabela Correa Comesaña, coa obra "Unha aproximación á bóveda celeste"
Mencións de honra:
- Mª. Mar Batallé Pérez, coa obra "Os soños da ninfea"
- Inés Sánchez Estévez, coa obra "Vigo náufrago"
- Valentín Amoedo Moreira, coa obra "A luz que delimita a Galiza"

Premiados Graffiti
1º premio: Brais Rodríguez Trigo, coa obra "Galician octopustyle"
2º premio: Noel Pérez Fungueiriño e Sebastián Pazos Fernández, coa obra "Un pouco de blues"
3º premio (compartido):
- Pablo Macías Patiño, coa obra "Vive e crea"
- Tirso Paz Sans, Manuel Seijas Fernández e Adrián Mourenza Pena, coa obra "A beleza do graffiti"

Mencións de honra:
- Ivan Cabello Camba, coa obra "Calavera con pistola de agua"
- David Canosa Barreiro, coa obra "Las estrellas de mi universo"
- Felipe Covelo Vázquez, coa obra "Snek pergamiño"

Premiados Música
1º premio (compartido):
- A máquina de meter medo, cos temas "Arrola-me’m caroi/dança de caravel" e "Bourées"
- Tío Phil Jazz Group, cos temas "It´s not a dream" e "The same direction"
2º premio: Nagai Rosales Cabaleiro, cos temas "Sopla el viento" e "Estás ti"
3º premio: Carlos Gende Prego, cos temas "Xuízo final" e "Coida deles"

Premiados Poesía
1º premio (compartido):
- Cristina Ferreiro Real, coa obra "Epidemia"
- Natalia Umpiérrez Suárez, coa obra "Artibiótico"
2º premio (compartido):
- Belén Gavín Bermúdez, coa obra "Porcelana"
- Rafael Lobelle González, coa obra "Retrincos fotoxénicos"
3º premio (compartido):
- Alba Cid Fernández, coa obra "Epistolario sitiado. Correspondencia abisal en escenarios diversos"
- Míriam Ferradáns Ferradás, coa obra "Novecomaoito"
Mencións de honra:
- Daniel Emilio Villaverde Framil, coa obra "Suicidio correctivo"
- Elías Antón Marcos, coa obra "AEC"

Premiados Relato breve
1º premio: Inés Mª. Rodríguez Naz, coa obra "Mitos en ámbar"
2º premio (compartido):
- Roi Vidal Ponte, coa obra "Un coitelo manchado de graxa"
- Mª. Luisa Iglesias Taboada, coa obra "Un cuarto impropio. Metamorfose"
3º premio (compartido):
- Rubén Vidal López, coa obra "Quen matou a Otto Hoch?"
- Mª. Elena López González, coa obra "A corda de area"
Mencións de honra:
- Tito Pérez Pérz, coa obra "Alén da elipse"
- Sheila Aldariz Ferreiro, coa obra "Pompas fúnebres Ernesto"

Premiados Teatro:
1º premio: Asociación Cultural Turbina, coa obra "Baile de sombras"
2º premio: Mequetrefes Teatro, coa obra "De cando meus pais me plantaron nunha maceta"
3º premio: Mue Teatro, coa obra "Ningures"

Premiados Videocreación:
1º premio: Alexandre Martínez Pérez, coa obra "Super 8"
2º premio: Clara Elisa Sobrino Heyvaert, coa obra "A costureira"
3º premio (compartido):
- Estela Rodríguez López, coa obra "A incrible historia de Santi Pingüin"
- Olalla Castro Rodríguez, coa obra "Arrevoa os meus cabelos"

22 nov 2012 / 11:51
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito