Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Unha andaina pechou a festa dos 20 anos do Hospital Clínico

Comezou na Choupana e finalizou no Obradoiro tras pasar por Galeras // No seu día foi un dos máis modernos de Europa

    Preto dun cento de profesionais da área Sanitaria de Santiago e Barbanza participaron onte na andaina coa que se pecharon os actos conmemorativos dos 20 anos desde a posta en funcionamento do Hospital Clínico na Choupana. No percorrido, dende o Hospital Clínico actual ata o vello Hospital Xeral de Galeras e remate no Obradoiro, estiveron acompañados polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña. Á chegada ao Hostal dos Reis Católicos (antigo Hospital Real), o presidente da Real Academia de Medicina de Galicia, Javier Carro Otero, ofreceu unha charla na que abundou na extensa tradición sanitaria de Santiago. Antes da saída, o quinteto de metais Galiciabrass ofreceu un concerto no patio central do Hospital Clínico.

    Ao longo das últimas semanas, profesionais xubilados ofrecieron varias charlas nas que se lembraron anécdotas e vivencias no centro de Galeras e o que significou o cambio ao Hospital Clínico da Choupana. Segundo se destacou na última charla, a de xerentes, na que participaron Manuel Ariza, Jordi Riba, Javier Jiménez, Rosa Bermejo, Luis Verde e Eloína Núñez, o edificio na Choupana marcou un fito na construción hospitalaria e foi recoñecido no seu momento como un dos máis modernos de Europa. Mañá firmarase a contratación para o deseño das obras de ampliación do Clínico en máis de 15.000 m2.

    14 dic 2019 / 23:10
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito