Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Unha ferrolá verte ao galego a primeira novela de cabaleiros

Traduce do latín os cantares de Valtario e Ruodliev // A obra preséntase mañá na USC

A profesora ferrolá Maite Ximénez presentará mañá en Compostela os libros Cantar de Valtario e Cantar de Ruodliev na súa traducción aó galego. Trátase da primeira vez que se verten a nosa lingua estes dous poemas épicos escritos en latín medieval.
Baixo a edición de Rinoceronte Editora, o acto celebrarase na Facultade de Filosofía (19.00 horas, en Mazarelos) a través da Sociedade de Estudos Clásicos-Sección Galicia (SEECG). Intervirán na presentación, que estará precedida dunha actuacioón musical, Xosé Carracedo Fraga, presidente da SEEC-Galicia; Moisés Barcia, de Rionoceronte editora; Raúl Gómez Pato, director da colección Vetera; e a autora da tradución, Maite Ximenez Pérez.
O Cantar de Valtario, escrita no século X, é unha das grandes obras da literatura latina medieval e narra as fazañas de Valtario de Aquitania, envoltas nun ton máxico.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

30 may 2017 / 19:48
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito