Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

UNHA NOVA EMPRESA RETOMA AS OBRAS DE SANEAMENTO NAS PARROQUIAS DE CORDEIRO, XANZA, VALGA E SETECOROS

O proxecto inclúe a instalación de depuradoras nas Cernadas e Raxoi e dous pozos de bombeo no Carballiño e San Miguel // O investimento, con cargo ao Plan Concellos, superará os 400.000 euros

    A empresa Construcións, Obras e Viais S.A. (Covsa) retomou esta semana as obras de saneamento nas parroquias de Cordeiro, Xanza, Valga e Setecoros, unha actuación que o Concello tivo que contratar por segunda vez debido ao abandono das obras por parte do primeiro adxudicatario.

    O proxecto, no que se invisten 404.741’24 euros, inclúe traballos de mellora e ampliación da rede municipal de alcantarillado en distintos núcleos mediante a dotación de novos colectores e a instalación de pozos de bombeo e depuradoras.

    As actuacións reiniciáronse na zona de Balleas-Socastro, en Cordeiro, onde maquinaria e operarios da empresa traballan dende hai días na apertura de zanxas e na colocación de tubaxes. Tamén se levarán a cabo obras en Outeiriño-Baño, Carballiño, Sixto, Chenlo-Pontevealga, Raxoi, Vilar e Cernadas.

    A execución dos colectores realízase con tubaxe de PVC de 315 milímetros de diámetro interior e irán acompañados dos correspondentes pozos de rexistro para posibilitar a inspección, limpeza e acometidas das vivendas. Ademais, está proxectada a instalación de dúas estacións depuradoras nas zonas das Cernadas e Raxoi e dous pozos de bombeo no Carballiño e en San Miguel.

    As obras fináncianse con cargo ao Plan Concellos da Deputación.

    12 feb 2020 / 00:22
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito