Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
ensaio

Unha obra sobre o mito da moura galega, gaña o XX premio 'Vicente Risco'

    O xurado do premio Vicente Risco anunciou hoxe o gañador da XX edición ó traballo presentado baixo o título Análise estrutural e simbólica do mito da moura galega. Aberto o sobre correspondente, a persoa gañadora resoltou ser o veciño de Pontevedra Rafael Quintía Pereira.

    A obra trátase dun rigoroso ensaio sobre o valor simbólico da Moura como herdeira das deidades femininas arcaicas, con posibilidade de retrotraelas a tempos prehistóricos, mesmo ó neolítico. Ten o valor especial de desligalo do concepto amplo “mouros” para chegar á cerna arcaica das deusas da terra e a súa transformación despois da cristianización, en diversas manifestacións da Virxe, que se apropia das cualidades positivas da moura, permanecendo as negativas para as bruxas o as mouras pagás. Alicérzase nun traballo de campo que achega abundante simplificación descritiva que se sustenta nunha dimensión comparativa coas mitoloxías universais.

    O xurado valorou positivamente o incremento de orixinais presentados tanto de procedencia galega como portuguesa, e a súa calidade científica e ensaística. Estivo composto por Fernando Acuña Castroviejo en representación do Concello de Castro Caldelas, Antonio Blanco Rodríguez e mais Xosé María Eguileta Franco en representación da Fundación Vicente Risco, Humberto Miguel dos Santos Martins e mais Timothy Leonard Koehnen en representación da CETRAD da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD) e Francisco Fernández Rei en representación da Fundación Sotelo Blanco, que á vez actuou como secretario e Teresa Devesa Graña representante do Concello de Allaríz que delega a súa función en Antonio Blanco Rodríguez.

    11 ene 2016 / 14:01
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito