Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
TERRAS

Unha viaxe por Terras en ‘Cantares Gallegos’

O libro piar da literatura do país recolle alusións a espazos da comarca// Hoxe cumpre 150 anos

Foi o xermen e o motivo da institucionalización do Días das Letras. Cumpríanse por aquel entón cen anos das súa publicación. Pero Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, tamén é o libro fundacional da Literatura Galega Contemporánea. Hoxe, cando se cumpren 150 anos da súa publicación e dende a visión particular de Terras, extrapólanse aqueles paisaxes, costumes e lugares que Rosalía cantou nos seus versos para lembrar, dende o particular "as belezas da nosa terra naquel dialecto soave e mimoso, que queren facer bárbaro os que non saben que avantaxa ás demáis linguas en dosura e armonía" , como ela dixo.

Partindo de que o libro é algo máis que unha obra de folclore, no que se cantan as belezas e os costumes dun pobo "non estúpido", no que se expresa o erro e a inxustiza para con Galicia, no que se defende o galego e no que se reivindica a esencia do país, atópanse nos 35 poemas (sobre todo en 6 deles) unha radiografía de Terras de hai século e medio.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

16 may 2013 / 21:33
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito