Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Universidade da Coruña vai analizar o impacto social da transición enerxética en Europa

A CE financia un proxecto en 15 zonas de minería de carbón e rexións intensivas de emisión, entre elas As Pontes (A Coruña)

Os profesores da Universidade da Coruña (UDC) Ricardo García Mira, Fernando González Laxe e Pilar García de la Torre, formarán o equipo de investigación que coordinará un consorcio internacional formado por catorce grupos de doce países europeos para elaborar unha análise sobre o impacto social da transición enerxética financiada pola Comisión Europea (CE), que fianancia a investigación con tres millósn de euros.

O proxecto leva por título ENergy TRANsitions from Coal and carbon: Effects on Societies -Transiciones energéticas del carbón y el carbono: efectos en las sociedades- (Entrances) e analizará as transicións de enerxía desde as zonas de carbón e as rexións intensivas e os seus impactos sobre a sociedade. Entre os seus obxectivos están ter unha mellor comprensión dos aspectos sociais relacionados coa transición a enerxía limpa, das rexións, dos problemas de cada u­nha delas e as estratexias de afrontamiento que desenvolveron así como promover unha visión común sobre a implicación social e as oportunidades que proporciona a transición cara a enerxías limpas para, finalmente, dar unha serie de recomendacións.

Unha desta rexións obxecto de estudos será a localidade coruñesa das Pontes, coa súa central térmica, Gales do Sur, a cidade italiana de Brindisi, as rexións fronteirizas entre Polonia e Alemaña de Silesia e Lusacia ou a cidade polaca de Cracovia, entre outras. Os equipos de investigación que colaborarán no proxecto, ademais do da UDC que será o coordinador, son universidades e entidades pertencentes a Italia, Alemaña, Austria, Noruega, Bélgica, Polonia, Rumanía, Portugal ,Francia, República Eslovaca e o Reino Unido.

06 dic 2019 / 21:58
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito